Escoitar

Vigo contará con 185 cruces con semáforos acústicos que se activan co móbil

A cidade disporá proximamente de 185 semáforos acústicos activados a través do bluetooth do móbil ou cun mando a distancia. O alcalde deu conta esta mañá da instalación de cinco novas unidades, dotadas coa mesma tecnoloxía o que permite a activación do son á demanda do invidente.

mércores, 10 feb 2021

O alcalde avanzou esta mañá a colocación de 5 novos semáforos acústicos para invidentes o que elevará a cifra total a 185 en toda a cidade. Todos eles actívanse a través do bluetooth do teléfono móbil ou cun mando a distancia que configura o Concello para que a ONCE os poida distribuir entre os seus usuarios.

Esta tecnoloxía reduce en gran medida a contaminación acústica que xeraban sistemas anteriores con avisos sonoros activos desde as 07,00 ata ás 23,00 h, o que causaba moitas molestias entre a veciñanza. Na actualidade, este sistema ten a vantaxe de atender aos discapacitados visuais todo o día ao tempo que se reducen as molestias acústicas nocturnas.

Os cinco novos semáforos vanse instalar nos seguintes cruces: Avda Aeropuerto-Camiño Fonte da Barca; Estrada Valladares-Camiño Portal; Avda Aeropuerto-Pardavila; Travesía de Vigo-Buenos Aires e confluencia das rúas Florida-Tui.

Descargar todas as imaxes