Escoitar

Dez cámaras de alta definición ofrecen xa imaxes en directo do tráfico a través da aplicación municipal “Vigo”

Dez cámaras de alta definición retransmiten desde este martes o tráfico nas rúas de Vigo en directo a través da aplicación municipal “Vigo”. O alcalde visitou a sala de pantallas do departamento de Tráfico para mostrar o funcionamento do novo sistema.

martes, 9 feb 2021
O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.
O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a Sala de Xestión da Mobilidade do Concello para presenciar a posta en marcha do novos sistema de información que xa están dispoñible para todos os cidadáns a través da aplicación municipal “Vigo”. Dez novas cámaras xa retransmiten imaxes en tempo real e permiten así a calquera usuario consultar a situación do tráfico nas rúas.

Vigo dispón actualmente de 109 cámaras que poden ser visualizadas desde a Sala de Xestión para o control del tráfico: 48 para control do tráfico urbano e 61 para interior e exterior de túneles. Ata o de agora, as cámaras da cidade ofrecían, tanto na páxina web do Concello como na App, fotogramas (fps) con retardo na visualización con respecto ao tempo real. Desde hoxe, están en funcionamento dez cámaras de alta definición que permiten a emisión de vídeo en streaming.

A dez novas cámaras están situadas en Praza de América, Praza de España, Gran Vía con Lepanto, Travesía de Vigo con Gregorio Espino, Gran Vía con rúa Tarragona, Venezuela con Paseo de Granada, Avenida de Madrid, Pizarro coa rúa Vázquez Varela, Avenida de Castrelos na confluencia con Arquitecto Palacios e a Avenida de Castelao coa rúa Grove.

Ademais, o alcalde informou de que o Concello tamén conta con sistemas de información sobre o tráfico para os cidadáns con dez paneis de mensaxe variable. A través deste sistema informa de calquera incidencia que afecte ao tráfico, desde avisos de cortes planificados por obras e peches de túneles por mantemento hasta accidentes que producen retencións, avisos de desvíos por obras pasando por eventos deportivos, que poidan causar o corte de rúas.

Tamén informan sobre a intensidade do tráfico e os tempos de desprazamentos entre diferentes puntos da cidade. Os paneis están situados na Avenida de Madrid (Seminario), rotonda da rúa Aragón e Jenaro de la Fuente, Avenida de Castrelos con Avenida de Balaídos, rúa Coruña e Praza de Industria, Travesía de Vigo con Vía Norte, rotonda de Beiramar con Jacinto Benavente, rotonda de República Argentina con Areal, rotonda de Guixar no túnel de Beiramar, Areal hacia Isaac Peral e Avenida Castelao con Avenida Europa.

Ademais, o Concello conta cunha plataforma móbil que se pode desprazar a lugares nos que non existen paneis para informar de eventos especiais ou incidencias puntuais.

O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.
O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.
O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.
O alcalde, durante a visita á Sala de Xestión da Mobilidade.
Descargar todas as imaxes