Escoitar

O Concello destina 350.000 euros a axudas para o alumnado da Universidade de Vigo

Abel Caballero e o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, asinan este xoves o Convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de axudas sociais ao estudantado do ano 2020 que quere "garantir a igualdade de oportunidades".

xoves, 10 dec 2020
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa
Abel Caballero, este xoves en rolda de prensa

O goberno municipal achega 350.000 euros neste ano 2020 para financiar o programa de axudas ao alumnado que se conceden con "criterios de política social", tal e como explicou o alcalde.

O obxectivo é que "ninguén quede excluído dos estudos universitarios por falta de recursos", de maneira que, por exemplo, poidan recibir unha bolsa de comedor no caso de que precisen comer nas instalacións educativas. En definitiva, di Caballero, "queremos garantir a igualdade de oportunidades" do alumnado cunha situación económica ou familiar que poida dificultar o seu acceso ou permanencia na universidade.

Segundo o rexedor, o Concello fai entrega desta contía, 350.000 euros, e será a Universidade a que asigne as bolsas correspondentes coa máxima de ter en conta o nivel de renda do estudantado. "Queremos que estes 350.000 euros sexan para Política social", apuntou o alcalde, aínda que estritamente non contabilicen neste departamento municipal senón que se financian dende a área de Educación. Con todo, dixo, "continuamos co noso proceso de ser a cidade de España coa máis importante política social".

Descargar todas as imaxes