Escoitar

Vigo acenderá o alumeado de Nadal o vindeiro xoves e establecerá medidas especiais para unha mobilidade peonil con seguridade

O alcalde anunciou este venres que o vindeiro xoves 3 de decembro, ás 20:00 horas, procederase ao acendido do alumeado de Nadal de forma presencial na árbore de Policarpo Sanz e sen apertura ao público. Caballero tamén explicou que o Concello tomará medidas especiais para facilitar a mobilidade peonil e cumprir a normas de seguridade covid.

venres, 27 nov 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O Concello de Vigo procederá o vindeiro xoves, 3 de decembro (20:00 horas), ao acendido do alumeado de Nadal. O alcalde, Abel Caballero, explicou que o acto será presencial na árbore xigante, en Policarpo Sanz, pero cunha presenza mínima e sen afluencia de público para respectar as medidas de seguridade sanitaria impostas pola pandemia do Covid-19.

“Será sen apertura xeralizada e libre ao público, haberá representantes de asociacións culturais e veciñais en número moi limitado, sentados e con control absoluto do aforo”, sinalou o rexedor.

Ademais, destacou que o Concello establecerá medidas especiais en materia de tráfico e seguridade durante o Nadal para poder cumprir coas normas sanitarias motivadas pola pandemia do Covid-19. Co obxectivo de facilitar a mobilidade peonil e as distancias de seguridade no centro da cidade, Abel Caballero explicou que desde o 3 de decembro ata o 10 de xaneiro o tráfico quedarán cortadas diferentes zonas do centro da cidade entre as 17:00 ata as 23:00 horas. Todos os detalles quedan publicados no bando:

BANDO

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL no centro da cidade e co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadá e cumprir as medidas de distanciamento cidadán motivado nos requirimentos sanitarios da COVID 19, adoptaranse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla.

Con todo, respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Estas medidas estarán en vigor dende e a data do acendido das luces de Nadal ata o 10 de xaneiro, e son aplicables todos os días entre as 17:00 e 23:00

CORTES DE TRÁFICO

-Paseo de Alfonso XII, rúa de Elduayen e Porta do Sol (obras).

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marques de Valadares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valadares

-Rúa de Colón

-Rúa de Urzaiz entre a Av de Gran Vía e rúa de Colón

-Av da Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa do Dr. Cadaval dende rúa de López de Neira ata a Porta do Sol

-Rúa de Uruguai desde a rúa de Cervantes cara a rúa de Gravina

CAMBIOS DA CIRCULACIÓN NORMAL

-A rúa Colón será uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-A rúa de Velázquez Moreno entre as de Marques de Valadares e Policarpo Sanz cambia o sentido de circulación cara á de Policarpo Sanz

-Establécese sentido de circulación da rúa Uruguai cara á rúa de Cervantes dende a rúa de Gravina

-A rúa de Cervantes manterá un só carril aberto para uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público.

-Ábrese carril pegado o bulevar e en sentido ascendente na Av de Gran Vía entre as rúas Urzaiz e Brasil para uso exclisivo do autobús urbano.

-Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as de María Berdiales e Urzaiz

DESVÍOS RECOMENDADOS

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

-Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

-Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.-A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da autoestrada AP9.

-A Av deGran Vía, praza de América e rúa da Coruñapara os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO

Para favorecer o transporte publico disporase as seguintes medidas.

Cambios na circulación:

-Un carril ascendente pola Av da Gran Vía ata a rúa Brasil

-Un carril descendente pola rúa de Urzaiz ata a rúa de República Arxentina

-Un carril ascendente dende a rúa de Colón ata a rua de Uruguai

-Cambio de sentido de circulación na rúa de Uruguai entre a as rúas Gravina e Cervantes

Paradas de bus urbano afectadas polos cambios de percorrido son:

-Dende a rúa Cánovas del Castillo dirección P. Sanz – G. Barbón y Urzaiz:

Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28 e G. Barbón 18.

Parada anulada: Reconquista e P. Sanz 26 y 40, paradas más próximas: Cánovas del Castillo, 28, Uruguai 8.

-Dende a rúa de G. Barbón dirección a rúa deColón / Urzaiz e P. Sanz:

Parada anulada: Urzaiz-Príncipe e Urzaiz, 28, paradas más próximas: Uruguai 8 e Cervantes ( Fronte o 21).

Parada anulada: P. Sanz, 25, paradas más próximas: G. Barbón 7, Areal e P. Compostela

-Dende a rúa de Urzaiz dirección - P. Sanz :

Parada anulada: Colón, 27 e Policarpo Sanz, 25., paradas más próximas: Urzaiz, 13, G. Barbón 7, Areal e P. Compostela

A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo dende esta rúa con acceso e saída cara a Marques de Valadares.

Esta medidas entenderanse entre o día do acendido das luces de nadal ata o 10 de xaneiro,coa excepción dos desvíos das liñas de Policarpo Sanz que serán durante todo o horario de prestación do servizo.

RESTRICCIÓNS DO ACCESO AOS APARCADOIROS AFECTADOS POLAS MEDIDAS DE ESPAREXEMENTO

Os seguinrtes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódalos días entre as 17:00 e as 23:00 entre o día do acendido das luces de nadal ata o 10 de xaneiro, consonte estas indicacións:

-Aparcadoiro Policarpo Sanz: Acceso dende a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra

-Aparcadoiro Velazquez Moreno (Velazquez Moreno 20): Acceso dende a rúa de Marques de Valadares pola rúa de Velázauez Moreno. Saída pola rúa Policrpo sanz cara a rúa de Colón

-Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): Acceso dende as rúas de Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai. Saída cara a rúa Uruguai.

-Aparcadoiro da Praza Portugal: Acceso dende a rúa de Colón ou de García Barbón por un carril ascendente por Colón ata a rúa de Uruguai. Saída cara a rúa de Uruguai. Saída cara á de García Barbón pola de República Arxentina.

-Aparcadoiro Urzaiz: Acceso pola rúa de Manuel Nuñez, dende a de Colón ou García Barbón por un carril ascendente pola rúa Colón ata a rúa de Uruguai., dende a rúa de Alfonso XIII pola rúa de Cervantes. Saída polas rúas de Uruguai ou de Lepanto

ACCESO AOS GARAXES AFECTADOS POLAS RESTRICCIÓNS

-Rúa de Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velazquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente dende Marques de Valadares

-Rúa de Velazquez Moreno entre as rúas de Marques de Valadares e Policarpo Sanz: Acceso a garaxe dende a rúa de Marqués de Valadares, saída cara a rúa de Colón.

-Rúa de Urzaiz ata Avd da Gran Vía: Entre as rúas de Uruguai e Gran Vía por Urzaiz

-Uruguai, Gravina, Churruca, Roxelio Abalde, República Arxentina: Dende Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguai ou Alfonso XIII Cervantes.

-Rúa de Hernán Cortes entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales.

En todo caso ante unha situación de necesidade excepcional accederase a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

Descargar todas as imaxes