Escoitar

O alcalde urxe á Xunta que declare a urxente ocupación dos terreos para avanzar na ampliación do Ifevi

O Concello está pendente de que a Xunta declare a urxente ocupación dos terreos sobre os que se vai ampliar o recinto feiral de Vigo. Ata ese momento, o Concello non pode iniciar a expropiación das correspondentes parcelas polo que o rexedor urxe ao Goberno autonómico a que o faga canto antes.

luns, 2 nov 2020

O alcalde de Vigo urxiu esta mañá á Xunta de Galicia que declare a urxente ocupación dos terreos sobre os que está prevista a ampliación do Ifevi. Unha vez recibidos todos os informes preceptivos do Goberno central (Estradas, Aeroportos e Seguridade Aérea), o avance do proceso depende agora da Xunta de Galicia, que ten que declarar a urxente ocupación dos terreos para que o Concello poida realizar as correspondentes expropiacións, para as que a administración municipal xa ten os cartos consignados.