Escoitar

O MARCO retoma o seu club de lectura este venres 23 de outubro

O BiblioMARCO celebra a primeira sesión presencial desta nova temporada cun aforo máximo de nove persoas nos tres grupos que se teñen conformados e cuxas prazas xa están cubertas.

mércores, 21 out 2020

O alcalde apuntou o éxito da convocatoria do club de lectura do MARCO que xa esgotou as súas prazas para os tres grupos presenciais, polo que adiantou que o Concello estudará a ampliación do programa dada a “vocación cultural da cidade de Vigo”.

Cada un dos tres grupos presenciais está composto por un máximo de nove persoas en cumprimento do protocolo anti-Covid e as normas de seguridade e hixiene para que a actividade poida desenvolverse coa maior normalidade. As persoas asistentes teñen no club un espazo de encontro e intercambio de experiencias sobre literatura relacionada coa arte.

A primeira sesión presencial celébrase este venres, 23 de outubro, un día antes da conmemoración do Día das Bibliotecas -24 de outubro.