Escoitar

O alcalde eloxia os murais “excepcionais” da nova edición do “Vigo, cidade de cor”

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este martes o pintado da obra de Powone na rúa Coruña e de Yoseba Mugurazabal na rúa Vilagarcía, dúas das dezaseis incluídas na sexta edición deste programa municipal.

martes, 1 set 2020
A medianeira da rúa Coruña 31 é obra de Powone
A medianeira da rúa Coruña 31 é obra de Powone

En declaracións posteriores, Abel Caballero eloxiou as pinturas “excepcionais” dos dous artistas, que evidencian o “nivel e a calidade” dos deseños da edición 2020 do “Vigo, cidade de cor”. O alcalde asegurou que a proposta de levar a arte as rúas e colexios da cidade continuará en próximos anos e os 133 que sumará Vigo ao remate deste ano a converterá “nunha das principais cidades de arte urbano”.

A sexta edición do programa inclúe dezaseis medianeiras (San Roque, Aragón, Avenida Ramón Nieto, Cantabria, Avenida Guixar, Avenida Atlántida, Vilagarcía de Arousa, Ronda de Don Bosco, Venezuela, Avenida da Florida, República Arxentina, rúa Coruña, rúa Palencia, IES O Castro, rúa Regueiro e rúa Chao) que se transformarán en obras de arte efímero. O importe da iniciativa roza o medio millón de euros, cantidade na que se incorpora unha partida para o mantemento das obras creadas en anos anteriores e a realización de actividades complementarias de carácter cultural.

A medianeira da rúa Coruña 31 é obra de Powone
Descargar todas as imaxes