Escoitar

O Concello iniciará a contratación do Plan Especial de Infraestruturas para realizar o novo acceso ao colexio Párroco don Camilo

A Xerencia de Urbanismo aprobará no próximo Consello a resolución de incoación do expediente de contratación do Plan Especial de Infraestruturas ante a recente sentencia do TSXG que declara a falta de lexitimación das administracións municipais para solicitar a aplicación da Lei 3/2016, tal e como fixera o Concello.

venres, 10 xul 2020

O alcalde explicou que o goberno municipal tomou esta decisión pola necesidade de garantir a seguridade na entrada ao centro para alumnado e pais e nais e para minorar os tempos para a súa posta en marcha, dada a negativa da Xunta de Galicia a construír o novo acceso ao amparo da Lei Vigo, "feita para resolver problemas urbanísticos na cidade".

Segundo expuxo, o Concello dispón dos recursos precisos para acometer a obra de acceso ao Colexio Párroco don Camilo en San Andrés de Comesaña, con obra e proxecto financiado polas arcas municipais, e recorre a facelo a través do Plan Especial de Infraestruturas trala sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declara a falta de lexitimación das administracións locais para solicitar a aplicación da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que foi a vía empregada polo Concello para solicitar a realización da obra.

Cofinanciamento escolas infantís da Xunta de Galicia
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a proposta de interposición de recurso contencioso-administrativo contra a resolución de aprobación do pago de tres liquidacións (2ª 2018, 1ª e 2ª 2019) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sobre o réxime de confinanciamento das escolas infantís. O Concello ten que aboar cada ano 207.000 euros en concepto de confinanciamento das escolas infantís da Xunta na cidade, que son dúas peroentende que esta obriga de pagamento é contraria á Constitución porque o goberno municipal xa financia as súas propias escolas infantís.