Escoitar

O alcalde garante o encaixe e mellora do campo de fútbol de Valadares e o Colexio Andersen no PXOM

Abel Caballero explicou este martes en rolda de prensa que tanto o campo de fútbol de Valadares como o Colexio Andersen terán encaixe no desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

luns, 29 xuñ 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este martes en rolda de prensa o encaixe do campo de fútbol do Valadares e do centro educativo Andersen no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que nestes momentos está en fase de redacción. A parroquia de Valadares contará con solo industrial, con novos equipamentos, zonas verdes e novos vieiros que reforzarán e mellorarán as condicións destes centros educativos e deportivos.

Insistiu en que o documento urbanístico -do que está redactada unha primeira versión do ámbito medioambiental -se concretará da man dos responsables de ambas entidades. De feito, o alcalde xa falou hai dúas semanas co director do colexio con quen acordou manter un encontro e nas próximas horas anunciou que chamaría ao presidente do club deportivo. Respecto das vivendas afectadas, explicou que serán moi poucas e avanzou que chegado o momento falarase cos propietarios para chegar a acordos.