Escoitar

O Concello derrubará o edificio do Camaleón para recuperar zonas verdes en Samil

O goberno municipal derruirá as instalacións do Camaleón, en Samil, para converter o espazo nunha nova zona verde, como xa ocorrera coas Dornas. A concesión rematou este ano logo dun período de explotación de 35 anos.

luns, 22 xuñ 2020

O goberno local iniciou o expediente administrativo para a contratación do proxecto de demolición e posterior axardinamento das instalacións do antigo bar-cafetería Camaleón, situado en Samil. Acábase deste xeito, dixo, cunha “desafortunada” concesión por 35 anos outorgada no ano 1984 que nestes momentos será derruída para converterse nunha zona verde, igual que sucedeu coas Dornas. O Concello recepcionou este espazo o 14 de xaneiro e, unha vez derruídas estas instalacións, a cidade recuperará unha zona verde, de praia e zonas de paseo.

Descargar todas as imaxes