Escoitar

O goberno municipal peonaliza a contorna da Praza de Compostela

Desde o vindeiro martes, 23 de xuño, a zona da Alameda será semipeonil, de maneira que os peóns terán prioridade, quedando limitada a circulación de vehículos a residentes, acceso a garaxes, servizos como o transporte público, persoas de mobilidade reducida ou carga e descarga

venres, 19 xuñ 2020

O rexedor informou en rolda de prensa este venres do cambio que se aplicará no tráfico da Praza de Compostela desde o vindeiro martes, 23 de xuño, que, segundo expuxo, responde a unha "demanda cidadá".

A contorna da Alameda será semipeonil; os peóns terán prioridade de forma permanente e o tráfico rodado quedará restrinxido, excepto para residentes, acceso a garaxes, aparcamento, persoas de mobilidade reducida, transporte público e vehículos de carga e descarga, que deberán circular a 10 quilómetros por hora.

Ademais o goberno municipal está estudando a eficiencia das peonalizacións establecidas no no resto da cidade durante o estado de alarma para favorecer o esparexemento cidadá e valorar, así, a súa continuidade ou non.