Escoitar

O alcalde asume cos presidentes das comisións a dificultade de organizar as festas de Bouzas, Coia ou San Roque

O rexedor sumouse esta mañá ás opinións dos presidentes das comisións de festas de Bouzas, Coia ou San Roque que lle trasladaron esta mañá nunha reunión virtual a dificultade de organizar estes eventos nestas circunstancias. Con todo, o rexedor comprometeu apoio municipal no caso de que poidan manter unha parte das celebracións relixiosas, tal e como prevén nun principio, pendentes da evolución da situación sanitaria.

venres, 22 mai 2020

O alcalde mantivo esta mañá unha reunión virtual cos presidentes das comisións de festas de Bouzas, Coia e San Roque, Íñigo Andonegui, Manuel Carrera e Alfonso Román, respectivamente. Durante o encontro, trasladáronlle ao rexedor as dificultades que atopan este ano para organizar estes eventos dada a grande afluencia de público que atraen así como a súa intención de tratar de organizar a parte relixiosa destas celebracións, se fora posible desde o punto de vista sanitario. De cumprirse estas condicións, o alcalde amosou a súa vontade de cooperación e apoio. Tal e como explicou na posterior rolda de prensa, o Concello prevé levar a estas zonas algunhas das accións festivas que se van a organizar ao longo do verán dentro da programación das festas de Vigo.

Descargar todas as imaxes