Escoitar

O Concello desenvolve o programa Bibliotecas Viventes Enganchad@s no Verbum

O alumnado vigués de 4º da ESO e 1º de Bacharelato poderá participar neste proxecto educativo os días 16 e 17 de abril cunha temática centrada na integración, vida saudable e prevención de adicións.

mércores, 11 mar 2020

O goberno municipal desenvolve o vindeiro mes de abril o proxecto educativo Bibliotecas Viventes Enganchad@s co obxectivo de achegar coñecemendo de forma amena e participativa ao estudantado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de centros de ensino da cidade.

Cun máximo de 120 participantes por sesión e un máximo de 50 alumnos por cada centro, o Verbum acollerá durante dúas xornadas, 16 e 17 de abril, unha nova edición centrada en experiencias de vida vinculadas á integración, a vida saudable e a prevención das adicións.

As bibliotecas viventes contemplan os libros como persoas con singulares historias de vida ou posuidoras de determinados coñecementos que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos participantes.