Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 03 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Auditorio Mar de Vigo celebra o Nadal con concertos, humor e musicais infantís

O Concello programa no Pazo de Congresos un total de quince eventos entre o vindeiro 13 de decembro e o 11 de xaneiro. Destacan entre outros Coque Malla, Rubén Simeó, Moscow State Ballet, The Mersey Beatles, Noites de Retranca ou María Fumaça.




O Concello presentou este martes a súa programación de Nadal para o Auditorio Mar de Vigo nunha rolda de prensa na que o alcalde, Abel Caballero, destacou a calidade dos artistas invitados. "É unha programación extraordinaria", sinalou o rexedor antes de explicar que serán un total de quince eventos.

"Damos unha dimensión excepcional ao Nadal vigués, engade o carácter cultural do éxito que xa están sendo as festas", indicou o alcalde. O programa comezará o vindeiro 13 de decembro coa actuación de Coque Malla, que chega a Vigo co seu novo disco "Revolución" tras o seu éxito hai un ano no mesmo escenario do auditorio vigués.

13 de decembro: Coque Malla. Xira "Revolución"
14 de decembro: Rubén Simeó (trompetista vigués) e Orquesta Filarmónica 430
15 de decembro: "O Rei de Sabana". Musical infantil
20 de decembro: The Mersey Beatles. Banda tributo a The Beatles
21 de decembro: "O Cascanoces". Moscow State Ballet
22 de decembro: Alabama Gospel Choir.
26 de decembro: Noites de Retranca. Especial Nadal. Touriñán e Oswaldo Digón
27, 28 e 29 de decembro: "A granxa de Zenón". Musical infantil
2 de xaneiro: Puzzle Kids. Concerto infantil
3 de xaneiro: María Fumaça. Uxía Senlle, Carlos Blanco, Magín Blanco e Isaac Palacín.
10 de xaneiro: "O lago dos cisnes". Moscow State Ballet
11 de xaneiro: Noites de retranca. X Aniversario. Dani Mateo, David Perdomo e Manquiña
Mais noticias
O alcalde celebra a "gran noticia" da aprobación provisional do proxecto da Avenida de Madrid
O Concello reordena o tráfico na rúa Venezuela para mellorar a fluidez e a seguridade de peóns
Adif garante ao alcalde que Vigo formará parte do corredor atlántico de mercadorías
Caballero súmase á conmemoración do Día Internacional da Discapacidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003