Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 03 de decembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde celebra a "gran noticia" da aprobación provisional do proxecto da Avenida de Madrid

O Ministerio de Fomento vén de aprobar o proxecto provisional da remodelación da Avenida de Madrid que ten un orzamento de 13,4 millóns de euros. Caballero avanza que a previsión é iniciar as obras dentro dun ano.




O rexedor informou este martes da aprobación provisional por parte do Ministerio de Fomento do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid, "un proxecto que fomos pactando" e que, logo da súa publicación no BOE, será sometido a exposición pública para que se poidan presentar as alegacións oportunas. Posteriormente, aprobará o proxecto definitivo, fará a licitación e a obra. O Concello debe sometelo tamén ao visto bo da Xunta de Goberno Local.

Caballero cualificou de "gran reforma" a obra da Avenida de Madrid que "queremos que sexa unha grande avenida e non unha estrada de entrada a Vigo". O proxecto continúa a súa marcha coa previsión de "estar en obras dentro dun ano" aproximadamente, polo que haberá que establecer un plan cunha "planificación coidadosa e detallada" ao tratarse dun "proxecto complexo" que debe garantir o acceso á Avenida.

O orzamento estimado da obra ascende a 13,4 millóns de euros dos que o Ministerio aboa dous terzos, 8,9 millóns de euros e o Concello un terzo, 4, 4 millóns de euros. A redacción do proxecto realizouna a dirección xeral de estrada cun importe de 285.000 euros e o Concello será o responsable de licitar, executar e vixiar o correcto desenvolvemento de toda a obra.

Celebrando que se trata dun "día importante e dunha grande noticia", Abel Caballero lembrou que o Concello e o Ministerio asinaron un convenio de colaboración no ano 2016 que contemplaba "unha contía de pouco más de 9 millóns que se amosou claramente insuficiente", polo que o Concello propuxo ampliala en catro millóns de euros máis. Así, en outubro de 2019 subscribiuse unha Adenda ao convenio para acadar o presuposto de 13,4 millóns de euros.
Mais noticias
O Concello reordena o tráfico na rúa Venezuela para mellorar a fluidez e a seguridade de peóns
Adif garante ao alcalde que Vigo formará parte do corredor atlántico de mercadorías
O Auditorio Mar de Vigo celebra o Nadal con concertos, humor e musicais infantís
Caballero súmase á conmemoración do Día Internacional da Discapacidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003