Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal ofrece formación de autoprotección a 16 mulleres

Con estes cursos contribúese a mellorar a súa autoestima e seguridade persoal. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a cesión temporal dunha vivenda municipal a unha familia vítima de violencia de xénero.

O alcalde deu conta este venres da aprobación na Xunta de Goberno da cesión temporal dunha vivenda municipal a unha muller, vítima de violencia de xénero, que poderá ocupala coa súa familia. Tamén informou da clausura esta tarde do curso de autoprotección para 16 mulleres que organiza o Concello e no que se lles proporciona coñecementos e habilidades básicas que lles permiten mellorar a súa seguridade persoal contribuíndo á súa autoestima ante posibles situacións de risco ou agresións.

O Concello dedica na área de igualdade un orzamento de 1.227.000 euros á prevención, información e concienciación sobre a violencia de xénero. O Centro de emerxencia para a atención de mulleres vítimas de toda Galicia, e mesmo de España, conta cun cuarto de millón de euros do Concello, que asume o 80% do orzamento. Amais, o goberno de Vigo conta co Centro municipal de información e servizos á muller que ofrece asesoramento psicolóxico, social e xurídico de forma presencial, telefónica e online; dispón dun programa de atención psicolóxica a menores expostos a violencia de xénero, dun Servizo de atención domiciliaria á infancia, financia actividade da Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo e unha unidade da policía dedicada a atender a mulleres vítimas da violencia machista.
Mais noticias
O novo PXOM contempla un vial desde a A55 ao hospital, con conexións á VG20 e Portanet
O alcalde traslada o seu apoio ao comité de Barreras quen lle insta a actuar como mediador
O Concello adxudica a dixitalización do Arquivo Municipal de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003