Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 22 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero espera un gran ambiente en Castrelos polo cros escolar Castro San Miguel do domingo

O programa municipal de cros escolar 2019 entra na súa recta final. O XXIV Cross Escolar Castro San Miguel vaise disputar este domingo, coma sempre, no parque municipal de Castrelos (10:00 horas).




"É unha das grandes probas de atletismo escolar que se celebran en Galicia, de feito é a máis importante", explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da AD Castro San Miguel, David Morales, e a directora técnica da carreira, Oliva Román. 
A proba, para escolares e federados dende o 2004 ao 2016, celebrará carreiras nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e "olímpicos" (dos anos 2014 a 2016).

O rexedor animou á cidadanía a acudir ao evento porque, cun milleiro de atletas e entre dous e tres mil persoas asistindo ás probas, "hai un clima estupendo" e,a demais, os nenos "corren como demos".

Morales, pola súa banda, anunciou que o evento é por vez primeira carreira solidaria, para tentar de dar visibilidade ao proxecto "700 camisetas contra a leucemia". 

A primeira carreira, a cadete masculina, está fixada para as 10:00 horas. As distancias variarán segundo as idades. Como en todo o programa municipal, a organización reservou horario para as tradicionais carreiras de pais (11:40) e nais (11:48) dos nenos e nenas participantes, que correrán 1.000 metros.

É esta a proba máis numerosa das seis do programa municipal de cros escolar, "que fomenta dende a base a cultura do esforzo", explicou Morales.
Mais noticias
O alcalde visita a montaxe do mercado de Nadal que contará con neve desde o 24 de novembro
O Concello ensaia con éxito a utilización da PassVigo para o autobús turístico do Nadal
O rexedor asegura estar "moi preocupado" pola situación dos traballadores e as auxiliares de Barreras
A lírica pictórica de Mario Iglesias, protagonista da nova exposición da Alcaldía


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003