Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de outubro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Biblioteca Neira Vilas celebra o Día das Escritoras con flores e letras

O vindeiro luns, tódolos préstamos de libros de mulleres recibirán unha flor e unha cita literaria en homenaxe ao legado cultura das autoras homenaxeadas. Ademais, a Neira Vilas conmemora o 24 de outubro o Día das Bibliotecas "pasando consulta" aos usuarios.


O alcalde deu conta este venres das actividades previstas na Biblioteca Municipal Neira Vilas con motivo do Día das Escritoras, que se celebra o próximo luns día 14, baixo o lema "Mulleres, amor e liberdade". A xornada, convocada pola Biblioteca Nacional, quere difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano, tamén en lingua galega, e lembrar as dificultades que lles impediron a estas mulleres noutros tempos desenvolver a súa obra e o seu labor cultural. O rexedor citou a algunhas das autoras ás que se lles renderá homenaxe nesta data: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Carmen de Burgos, Carmen Laforet, Alfonsina Storni, Esther Tusquets, Alejandra Pizarnik , Montserrat Roig ou Dulce Chacón, entre outras.

Caballero explicou as "accións especiais" que desenvolverá a biblioteca con motivo do Día das Escritoras: tódalas persoas que o luns leven prestados libros escritos por mulleres recibirán flores e unha cita literaria e haberá tamén un photocall no que inmortalizar o momento. Ademais, o martes 15 o equipo de voluntariado del Concello realizará unha nova sesión de "Pasen e lean" con lecturas públicas de textos de María do Carme Kruckemberg, o mércores 16 realizarase unha visita guiada pola Biblioteca e durante todo o mes de outubro estará exposta unha mostra bibliográfica con obras de autoras españolas e hispanoamericanas e unha exposición de carteis das escritoras homenaxeadas.

O rexedor avanzou tamén que a Biblioteca Municipal Neira Vilas celebrará o Día das Bibliotecas, o vindeiro 24 de outubro, "pasando consulta" aos usuarios, atendendo as súas "doenzas literarias" e tratando de atopar unha solución aos seus problemas de lectura. Así, o persoal expedirá receitas con novos títulos como tratamento a estas doenzas e explicará aos usuarios como levar unha vida lectora saudable. Será unha maneira de animar á lectura de forma individualizada con cada persoa.

Co gallo desta xornada, a Biblioteca acollerá unha exposición de carteis que amosan os beneficios da lectura homenaxeando aos carteis clásicos de medicamentos do século XX.
Mais noticias
O goberno local derribará catro edificios abandonados que afean a fachada da Colexiata
O Concello pecha as escaleiras da Praza da Estación por seguridade durante as obras
O DepoDesafío Tríatlon aprázase por mor da meteoroloxía
O Concello abre este venres o macroparque infantil de Jenaro de la Fuente
Á venda os abonos para o Super Bock Under Fest, con Peaches e Ely ‘Paperboy’ Reed como cabezas de cartel


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003