Escoitar

O goberno local agradece ao Grupo Avanza Vitrasa "a súa implicación nos proxectos da cidade"

O alcalde acompañou esta mañá ao equipo de baloncesto en cadeira de rodas durante a presentación do seu novo patrocinador: o Grupo Avanza Vitrasa

xoves, 3 out 2019
1570118104amfiv.JPG
Caballero agradeceu a Avanza e Vitrasa o seu apoio ao club "e a súa maneira de implicarse nos proxectos da cidade". Ademais, destacou que o AMFIV é "un equipo excepcional que nos descubriu o magnífico que pode chegar a ser este deporte, que atrae e engancha pola súa forza e ofrece a oportunidade de realizar deporte profesional ou semi profesional a todas as persoas".

Chechu Beiro, presidente do equipo, mostrou tamén o seu "enorme agradecemento" a Avanza, que xunto á incorporación o ano pasado de Iberconsa, "axúdanos a saír dunha época complicada". "Por desgraza en España mover a persoas con discapacidade non é unha prioridade para moitas empresas tanto de autobuses como aéreas e desde que empezamos con Avanza fai dúas Copas de Europa todo foi moito máis sinxelo", agradeceu o presidente.
Pola súa banda, Valentín Alonso, director xeral do Grupo Avanza, destacou a importancia que ten a accesibilidade para eles e mostrouse encantado desta colaboración xa que "o Club ten os valores que queremos asumir: esforzo, motivación, traballo e equipo e integración".
Descargar todas as imaxes