Escoitar

O Concello finaliza a reforma do campo de fútbol de Candeán cun investimento de 400.000 euros

O rexedor informou este venres de que a reforma do campo de fútbol de Candeán será inaugurada o vindeiro domingo. Ademais, explicou que xa están en funcionamento os terreos de xogo de San Miguel de Oia, Navia, Meixoeiro, Valadares, A Bouza e Bouzas. Ademais, están adxudicadas a obras de mellora nos da Mina, Sárdoma e San Andrés.

venres, 20 set 2019
Abel Caballero detallou este venres o investimento do Concello de Vigo na mellora de once campos de fútbol da cidade cun investimento de preto de 10 millóns de euros. O alcalde facía balance despois de anunciar que este domingo será inaugurada a reforma do campo de Candeán.

Xa están finalizadas, segundo explicou o rexedor, as obras nos campos de San Miguel de Oia, Navia, Meixoeiro, Valadares, A Bouza e Bouzas. Ademais, están adxudicadas as reformas dos terreos de Monte da Mina, As Relfas-Sárdoma e San Andrés de Comesaña, mentres que quedan pendentes as de Fragoselo, A Guía, Carballal e Matamá.

Caballero sinalou que o investimento foi posible grazas ao convenio de colaboración firmado entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.