Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 11 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde invita á cidade a participar esta fin de semana no Vicus Spacorum

Xunto ao coordinador do evento, Rodrigo Vázquez, e á xerente da Asociación de Comerciantes do PAU de Navia, Ana Martínez, o alcalde, Abel Caballero, presentou este mércores a oitava edición desta festa celta e romana, que se celebra esta fin de semana en Navia, cun programa reforzado e renovado para toda a familia.




Programa


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que Vicus Spacorum xa é unha das principais festas da cidade, á que acoden xentes de Vigo e de fóra da cidade para participar das numerosas propostas que ofrece o sábado e o domingo en Navia.

Segundo explicaron ante os medios, Vicus Spacorum reforza a súa programación este ano, cun mercado de artesanía e alimentación renovado e ampliado, que suma unha taberna de polbo e churrasco procedente de Lugo. As actividades crecen este ano en cantidade e calidade, cun maior número de obradoiros, exposicións e actuacións, ademais de maxia, cine e microteatro para toda a familia.

Este 2018 refórzase o "Poboado Castrexo", mellor equipado que en edicións anteriores e con multitude de xogos e obradoiros. Nesta edición destacan a presenza de Lugdunum e Mercenarios Galaicos desde o lucense Arde Lucvs. Navia tamén acollerá unha exposición de clicks de Playmobil, un novo espazo de realidade virtual sobre o mundo romano, demostracións con teares romanos, loita de gladiadores, desfiles e a Schola Romana.

O sábado ás 19h se celebrará o II Gran Concurso Infantil de Caracterizacións, que tivo unha boa acollida o pasado ano, segundo trasladou este mércores Rodrigo Vázquez. Despois proxectarase "Asterix: a Residencia dos Deuses" e a noite do sábado concluirá cunha loita de gladiadores nocturna, prato forte do evento, que continuará cunha queimada celta con percusións e un fauno.

O peche do evento, o domingo, virá da man da Asociación Miramvicus, protagonistas das visitas guiadas da Villa Romana de Toralla, que representarán unha cerimonia fúnebre romana.
Mais noticias
Vigo inicia a instalación do alumeado de Nadal en 334 rúas con 10 millóns de luces
Abel Caballero garante que o Isfas seguirá en Vigo
O alcalde participa na apertura do curso escolar do CEIP Escultor Acuña
Caballero asiste á apertura de Synergym Vigo
Vigo manda na nova disciplina de remo de mar co Trofeo Illas Cíes, este sábado en Bouzas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003