Escoitar

O alcalde visita o mural do CRAC de Coruxo, incluído no V programa de medianeiras

O programa municipal de arte urbana suma xa preto de 70 pinturas en toda a cidade que agora o Concello recolle nunha guía con tódalas obras, segundo anunciou Abel Caballero.

xoves, 5 set 2019
1567702949050919AlcaldeMuralCrac_01.JPG
Durante a visita ao mural do CRAC de Coruxo, Abel Caballero puxo en valor a traxectoria do programa municipal de pintura na rúa que "constitúe a Vigo en cidade de arte urbana," logo de cinco edicións e avanzou que na próxima participarán 13 novos centros escolares vigueses que "comezaremos a pintar de forma inmediata".

Ademais o Concello editou unha guía con tódalas obras realizadas ao abeiro do programa en diferentes espazos da cidade que son preto de 70, entre as que se inclúen máis de medio centenar de centros educativos. Caballero apuntou que "imos seguir facendo pinturas na rúa".

Ao respecto do traballo artístico realizado por Kóctel no CRAC de Coruxo, o rexedor destacou que se trata "dun gran mural, unha gran pintura" que baixo o título "Party on the roof" é unha "expresión extraordinaria da vida de Vigo como cidade costeira".
Descargar todas as imaxes