Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 13 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde esixe que a Xunta devolva a Vigo as 300.000 cartillas sanitarias derivadas a Santiago

O Sergas adoptou esta decisión en 2014 e asegurou entón que era temporal, "e a provisionalidade leva cinco anos", denunciou Abel Caballero, quen recordou que a redución da poboación de referencia ten implicacións orzamentarias e de formación. O xefe de servizo de Cirurxía Pediátrica asegurou que Vigo está capacitada para asumila e considerou que a decisión foi "política".

O alcalde, Abel Caballero, demandou da Xunta de Galicia a devolución das 300.000 cartillas asignadas a Vigo que foron derivadas á área sanitaria de Santiago de Compostela, decisión adoptada no ano 2014 argumentando o Sergas que sería temporal, "e a provisionalidade leva cinco anos", advertiu o rexedor.

Caballero valorou esta decisión como unha "agresión" á cidade pois a redución en favor de Santiago, e sen afectar a Coruña, de poboación de referencia -en especialidades como Cirurxía Cardíaca, Hemodinámica, Cirurxía Plástica, Cirurxía Torácica, Cirurxía Pediátrica e Fecundación In Vitro- ten consecuencias tanto no orzamento como de posibilidades de formación.

Esta reivindicación tamén foi manifestada nunha recente entrevista polo xefe de servizo de cirurxía pediátrica do complexo hospitalario vigués, Juan José Legarra, quen asegurou que Vigo está "perfectamente" capacitado para asumir o volume de cartillas que tiña antes de 2014 e que o servizo solicitouno ao anterior xerente do CHUVI, sen resposta favorable. O señor Legarra valorou a derivación de pacientes de Vigo a Santiago como unha decisión "política".

Abel Caballero referiuse a estas declaracións do responsable do servizo de cirurxía pediátrica incidindo en que a retirada das 300.000 cartillas non foi unha decisión "técnica" senón "política" e polo tanto esixiu ao goberno que preside Núñez Feijóo que "deixe de atacar" á cidade e devolva ao complexo universitario de Vigo a poboación de referencia que se lle retirou.
Mais noticias
O Concello licitará en setembro os accesos á Estación do AVE por valor de 18 millóns
Abel Caballero recomenda consumo responsable de auga ante un eventual outono seco
Vigo acollerá en outubro o Congreso Internacional de Médicos de Atención Primaria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003