Escoitar

"Vigo en Vivo" premia o talento de músicos vigueses noveis

O alcalde informou da apertura do prazo de inscrición para o concurso musical que busca fomentar a creación musical da xente nova e que poderán gravas maquetas e mesmo un videoclip.

mércores, 24 xul 2019
Abel Caballero explicou que as bandas participantes neste concurso musical, que organiza o Concello, poderán tocar en toda a cidade, desde as prazas da Constitución e a Princesa ata a Porta do Sol ou O Calvario así como outros espazos emblemáticos. O obxectivo é premiar o espírito creativo dos músicos vigueses.

O "Vigo en vivo" ten aberto o prazo de inscrición para todos os grupos noveis da cidade, de calquera estilo musical, que queiran participar amosando o seu talento. Entre os requisitos que deben cumprir está o empadroamento no Concello de Vigo de polo menos unha parte da banda e o feito de non ter discos publicados anteriormente.

As inscricións e a información completa está na web municipal www.vigosonico.org e os gañadores do concurso poderán gravar ata tres maquetas, co primeiro premio, e realizar un videoclip. .