Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 17 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero: "Tódolos estudantes que solicitaron a bolsa de inglés téñena concedida"

900 mozas e mozos vigueses gozarán a partir de setembro da bolsa de inmersión lingüística do programa municipal "Vigo en inglés" para aprender o idioma con estadías no Reino Unido e Irlanda.

O alcalde asegurou este mércores que o vindeiro ano tentará "permitir que vaian máis estudantes" a aprender inglés, chegando ata as "1.000 bolsas ofertadas" dende o Concello, un programa, dixo, de "gran importancia".

Neste ano 2019 serán 900 os alumnos e alumnas de ESO da cidade que pasarán tres semanas estudando inglés en centros educativos do Reino Unido e de Irlanda co sistema de inmersión lingüística. Así, "tódolos que solicitaron a bolsa, téñena concedida" nun programa que conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros por parte do Concello.
Mais noticias
O alcalde impulsará en Madrid a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional
Un gran faro preside o novo parque infantil de Bouzas reformado polo Concello de Vigo
O alcalde recibe ao piraguista Iván Alonso tras proclamarse subcampión de España


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003