Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Sondeseu abre este xoves os concertos do Concello na Porta do Sol

Son de Seu, Heredeiros da Crus, Tony Lomba & Elio dos Santos e Mitic actúan este xoves, venres e sábado, respectivamente, na Porta do Sol dentro do programa de Vigo en Festas.

O Concello de Vigo amplía o programa estival de festas con tres días de concertos na Porta do Sol e a súa contorna, que comezan este mesmo xoves coa Orquestra Folk de Galicia.

Segundo indicou o rexedor, o xoves, 11 de xullo (22:30 horas) actuarán o grupo Sondeseu (Orquestra Folk de Galicia) e desde as 19h, na contorna de Porta do Sol, actuacións de Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valadares, Pandereteiras e gaiteiros Rueiro e Gaitas de Pardavila.

Mañá venres (22:00 horas) será a quenda de Toni Lomba & Elio dos Santos e ás 23:00 horas actuará Heredeiros da Crus (concerto cancelado pola choiva en Carnaval) e desde as 19:00 horas Froles Novas, Pandereiteiras e Acordeóns Helios, Lembranzas Galegas y Asubío.

Por último, o sábado (22:30 horas) actuará MITIC O Espectáculo e desde as 11:00 horas haberá na contorna de Porta do Sol actuacións de Andarela, A Buxaina, Gaitas Atlántida, Corisco, Monteira, Queixumes, Arroases, Os Ventos de Comesaña, Traspés e flashmob.
Mais noticias
O alcalde avanza a posta en marcha da campaña "Vigo libre de plásticos"
O Concello programa actividades náuticas na ETEA para nenos e nenas
O Goberno de Vigo dedica 63.000 euros ao Festival Folclórico Internacional
Estética impresionista e Art Decó, a proposta pictórica de Menchu Abril para a Alcaldía


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003