Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 12 de xuño de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O 78% dos votos na consulta do Concello, a favor de declarar algunhas praias libres de fumes

Segundo informou este mércores Abel Caballero, a consulta na web municipal rexistrou en menos dun día 24.848 votos sobre a declaración dalgúns areais de Vigo como espazos libres de fume, co 77,84% destes favorables á medida. En Balaídos, os votos contabilizados superan os 9.000 e o si elévase ao 83%.

O alcalde en funcións ofreceu este mércores os primeiros datos de participación na consulta popular que promove o goberno vigués a través da web do Concello, e que procura "pulsar a opinión" da cidade sobre a declaración do estadio de Balaídos e dalgunhas praias viguesas como espazos libres do fume do tabaco.

En menos dun día, o Concello rexistrou 24.848 votos na pregunta sobre as praias, dos que o 77,84% son a favor da declaración (19.342 votos) e o 22,16% (5.506 votos), contrarios á medida proposta. Trátase para Abel Caballero dun "moi importante nivel de participación" en menos dun día que leva habilitada a consulta.

A participación computada na pregunta sobre Balaídos ascende a 9.159 votos, dos que o 83,02% (7.694 votos) son partidarios de declarar o estadio libre de fumes do tabaco e o 16,98%, contrarios á proposta.

A web do Concello (www.vigo.org) abriu onte martes a mediodía a consulta, que estará activa un mínimo de tres semanas, segundo avanzou onte o alcalde en funcións.
Mais noticias
A construción dunha desalinizadora súmase como posible solución ao abastecemento en Vigo
O Concello concede licencia para un proxecto de Alfonso Penela para rehabilitar dous edificios en Alfonso XIII
O Concello, finalista dos premios Novagob Excelencia 2019
O rexedor felicita ao Colexio Divino Salvador polos seus 50 anos de traxectoria


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003