Escoitar

Caballero reitera que Vigo vai ser cidade libre de plásticos o Día Mundial do Medio Ambiente

O alcalde de Vigo reiterou esta mañá a súa intención de que Vigo sexa unha cidade libre de plásticos para o Concello vai liderar unha campaña para loitar contra a maior agresión ao medio ambiente. Na mesma liña, destacou a nova depuradora, que -financiada por Concello e Unión Europea - permitiu recuperar a desembocadura do Lagares.

mércores, 5 xuñ 2019
Coincidindo do Día Mundial do Medio Ambiente, hoxe mesmo comeza a inscrición para ser voluntario nas Cíes. Durante todo o verán serán unhas 1.300 persoas as que cooperen no mantemento destas illas para as que o Goberno local leva traballando moito tempo para convertelas en Patrimonio da Humanidade. Con este obxectivo, dixo o rexedor, o goberno local enviará a proposta ao Goberno Central para entrar na lista indicativa.

Dentro do programa Camiño a camiño, tamén se organizan iniciativas de voluntariado en montes, hortas urbanas, sendeiros, acompañamento de cans e Vigozoo. O Concello segue organizando percorridos medioambientais -se organizan cada ano entre 25 e 30 actividades – cunha participación anual de 6.000 persoas. As andainas polos montes de Vigo reúnen a 7.500 participantes e o Concello ten trazados 130 km de sendeiros no termo municipal, dos que case 50 se recuperaron o ano pasado logo dos incendios de outubro de 2017. Co obxectivo de que a cidadanía dispoña dunha guía sobre estes sendeiros, o Concello vén de editar un libro que empezará a distribuírse hoxe mesmo.

Ademais de actividades educativas como cursos ou conferencias, o goberno local segue apostando pola divulgación a través das hortas urbanas, con máis de 300 usuarios. Fontáns, Ramón Nieto, Sardomela, Navia, Camelias, Pedro Alvarado, Casa da Xuventude e Vigozoo son as ubicacións nas que poden traballar a terra todos aqueles que así o desexen.

O bo estado das praias pemitiu a Vigo revalidar a súa condición de grande cidade con máis banderas azúis de España. Samil, A Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras son os arenais distinguidos, aos que se suman tres senderios azúis: Beiramar, Entre faros nas Illas Cíes e Monte da Guía.

Outras accións que se desenvolven desde o Concello son campañas de control de gaivotas, campañas de recollida de aceites, instalación de paneis informativos sobre anfibios en zonas urbanas, ou o Plan Saúde, con terapias con cans ou o programa "Síntome ben", para previr enfermidades cardiovasculares e fomentar hábitos de vida saudables.