Escoitar

O documental "Rescatada: 68 anos agardando a memoria filmada", desde este venres no MARCO

Este 17 de maio terá lugar a presentación deste documento histórico filmado entre 1951 y 1952 procedente dos arquivos da familia Beiras Cal, recuperado por Miguel Piñeiro. Para conmemorar a efeméride do Día das Letras Galegas, o Museo Liste tamén acolle actividades especiais para todos os públicos e visitas guiadas.

xoves, 16 mai 2019
O acto de presentación do documental terá lugar no MARCO este venres ás 11:15h, coa participación do director do Museo, Miguel Fernández-Cid, do director do documental, Miguel Piñeiro, e do presidente da Fundación MARCO e alcalde de Vigo, Abel Caballero.

A gravación, realizada por Antón Beiras, foi rescatada, recuperada e restaurada por Miguel Piñeiro, cineasta amigo da familia que atopou a bovina en mal estado. O documental amosa o Vigo do ano 1951 e nel aparece o arquitecto Manuel Gómez Román -un dos tres académicos que propuxo a creación do Día das Letras Galegas- lendo o seu discurso de entrada na Real Academia Galega.

O filme mostra o Vigo da época e nel aparecen galeguistas históricos como Otero Pedraio ou Francisco Fernández del Riego. As gravacións históricas realizadas por Antón Beiras operaban entón a modo de "contra NODO" destinado á cultura galega no exilio.

Liste
Os actos organizados para celebrar o Día das Letras Galegas chegan tamén ao Museo Liste, para todos os públicos. O etnográfico programa unha mañá de venres con actividades como "Apañando verbas perdidas", ás 10:30h, de recollida de vocábulos en desuso; ás 11:30h obradoiros para nenos sobre o homenaxeado Antón Fraguas e unha visita guiada ao museo; e ás 12:30h, a entrega de premios do VI Concurso Fotográfico e do VII Concurso de Relatos para o alumnado de Primaria e ESO.