Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 16 de maio de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os mellores baristas de España cítanse en Vigo no XIII Campionato Nacional

Dezaseis profesionais de toda España, seleccionados entre máis de 200 participantes, compiten estes días para converterse no mellor barista do país.




O XIII Campionato Nacional de Baristas elixiu Vigo para a celebración, desde hoxe e ata o sábado, da sua gran final. Dezaseis profesionais de toda España, seleccionados entre máis de 200 participantes, compiten estes días para converterse no mellor barista do país.

A competición abarca o I Concurso Fórum Café ao Mellor Blend de especialidade; o II Concurso Fórum Café ao Mellor Blend Comercial; o III Campionato Nacional de cata; o III Campionato Nacional de Aeropress; o III Concurso de Fotografía de Café e o Campionato Barista Down, para persoas con síndrome de Down. Ademais das probas que forman parte do campionato, demostracións e exhibicións, o evento conta cunha ampla programación aberta ao público profesional e aos amantes do café en xeral.

O alcalde, Abel Caballero, saudou aos participantes do evento na sede de Afundación e desexoulles sorte nas súas preparacións.
Mais noticias
O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica", con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida
O Concello recibe en doazón para Castrelos obras dos pintores Tomás Barros, Díaz Pardo e Ricardo Segura
O documental "Rescatada: 68 anos agardando a memoria filmada", desde este venres no MARCO
Visitas guiadas e actividades especiais este sábado polo Día Internacional dos Museos
O parque de Castrelos acolle esta fin de semana a III Festa das Nenas e dos Nenos
Vigo Danza reúne este sábado a unha vintena de escolas de baile da cidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003