Escoitar

O pavillón de Travesas acolle esta fin de semana o IV Internacional de grupos show de patinaxe artístico

O Internacional Concello de Vigo de grupos show está de volta. O Pavillón Central das Travesas recibe esta fin de semana, concretamente o sábado 13 ás 16:30 e o domingo 14 á mesma hora, a cuarta edición do torneo que organiza o Patín Vagalume Celtamotor xunto á Federación Galega de Patinaxe

xoves, 11 abr 2019
1555004882deportes.JPG
O alcalde de Vigo particpou esta mañá na presentación do certame acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, por membros do Vagalume -o seu presidente, Miguel Quereizaeta, a adestradora Bea Fernández e as patinadoras Nerea Méndez e Celia Fernández- e por dúas representantes federativas, Mabel Labordeta e Cintia Lafuente.

O evento, que mantén o seu formato de dúas xornadas, coma nas edicións de 2017 e 2018, amplía as súas categorías ata sete -grupos grandes, pequenos e promocionais pequenos e grandes, grupos júnior, cuartetos e cuartetos promocionais) ao engadir a de cuartetos promocionais.

O certame reunirá a uns 700 nenos e nenas de corenta e tres clubs de Galicia -seis de Vigo-, Madrid, Andalucía e Portugal. As patinadoras do Vagalume Celtamotor entregaron ao alcalde as primeiras invitacións para o evento. O programa comezará o sábado co desfile (16:00) para iniciar as competicións ás 16:30 (Grupos Promocional pequenos), ás 19:15 (Promocional grandes) e ás 20:00 horas (Grupos grandes). O domingo, quenda para os Grupos júnior (16:30), Cuartetos promocionais (18:30), Cuartetos (19:00) e Grupos Pequenos (19:45).
Descargar todas as imaxes