Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de marzo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello distingue a trece colexios: "Vigo é unha gran cidade pola labor educativa dos centros"


Abel Caballero informou este xoves dun novo galardón de Vigués Distinguido, concedido ex aequo este ano a trece colexios pola súa traxectoria temporal e singular, un "recoñecemento" convertido en "homenaxe" á educación da cidade: "Vigo é o que é neste momento, unha gran cidade, pola labor educativa e de formación de tantos colexios durante 25, 50 e ata 75 anos".

Despois do anunciado para o director da Coral Casablanca, Óscar Villar, o alcalde revelou este xoves un novo premio Vigués Distinguido deste ano, concedido ex aequo a trece colexios da cidade pola súa traxectoria temporal e singular. Son o IES Beade, o Colexio Monterrey, o IES Politécnico, o Amor de Dios, o Párroco don Camilo, o CEIP Carballal-Cabral, o colexio Andersen, o CEIP Igrexa-Valladares, o Mosteiro Bembrive, o Pombal, o Virxe do Rocío, o CEIP Vicente Risco e o Coutada-Beade.

"Queremos facerlle unha homenaxe ao ensino, á educación desta cidade", explicou Caballero en rolda de prensa. "Vigo é o que é, unha gran cidade", agregou, "pola labor educativa e de formación de tantos colexios durante 25, 50 e ata 75 anos".

"Creo que é momento de facerlle unha homenaxe desde a cidade a estes centros educativos, un recoñecemento do proceso formativo de forma xeneralizada, en todos aqueles colexios que contribuíron ao Vigo que felizmente vivimos hoxe", concluíu o alcalde.
Mais noticias
O goberno local aproba o proxecto para construír un aparcamento na rúa Coutadas
O Concello dedica 125.000 euros ao financiamento da Fundación Vigo Deporte
Caballero sostén que a Xunta de Galicia debe pagar integramente o transporte metropolitano
O goberno local inicia o programa "Vigo no tempo" con escolares da cidade
O alcalde apoia a carpa informativa instalada en Príncipe con motivo do Día Mundial do Ril


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003