Escoitar

O alcalde reitera a "necesidade" de habilitar solo industrial nas inmediacións de Citroën

Abel Caballero avoga por trasladar a industria auxiliar ás inmediacións de Citroën para que a factoría gañe en competitividade. Con ese obxectivo, é preciso actuar con apremio e habilitar solo industrial canto antes.

mércores, 20 feb 2019
O alcalde reiterou esta mañá a "necesidade" de habilitar solo industrial o antes posible nas inmediacións de Citroën para que a industria auxiliar estea o máis próxima posible á factoría. Lembrando a entrevista que vén de manter co novo xerente de PSA Citroën, Ignacio Bueno, insistiu en que "é de sentido común que o mellor sitio para as empresas que abastecen á factoría é estar cerca da mesma e por iso imos habilitar solo industrial", o que, na súa opinión, abaratará custos de abastecemento e transporte. Ademais, engadiu, queremos ter esa industria en Vigo. Explicou que é preciso adoptar decisións con apremio porque "queremos que Citroën aforre cartos e sexa máis competitiva" o antes posible. Neste punto cualificou de "peculiares" as "queixas" do presidente da Xunta pola petición do goberno municipal de actuar con présa e preguntouse se o que realmente lle preocupa a Alberto Núñez Feijóo é que ademais da dotación de solo industrial, o Concello tamén vai solucionar o problema da traída eléctrica en alta tensión a Citroën.