Escoitar

O Concello divulga entre os escolares o Vigo de Verne cunha representación teatralizada

Abel Caballero achegouse este venres ata a escultura ao autor de Nantes, onde case que medio centenar de alumnos do Colexio Losada participaron na actividade municipal "Vigo le a Verne", en colaboración con distintas editoriais. O obxectivo é facilitar o coñecemento da obra de Verne e a súa relación coa cidade, en particular o capítulo adicado a Vigo en "20.000 leguas baixo dos mares".

venres, 15 feb 2019
1550238866verne.jpg
O alcalde puxo en valor unha proposta educativa e cultural coa que o Concello e as editoriais buscan "estimular" entre os escolares a lectura das obras de Verne, singularmente de "20.000 leguas baixo dos mares", que adica o oitavo capítulo da súa segunda parte á Bahía de Vigo.

Case que medio centenar de alumnos do Colexio Losada asistiron este venres á actividade, representada polo actor Ademar Silvoso, quen interpretou un guión centrado en especial no que acontece no Nautilus á súa chegada á ría de Vigo, o 18 de febreiro de 1868. Os escolares recibiron un diploma acreditativo dos coñecementos adquiridos.
Descargar todas as imaxes