Escoitar

O goberno de Vigo organiza dúas xornadas de prevención de condutas adictivas

O alcalde deu conta este mércores do desenvolvemento deste encontro no que expertos e técnicos compartirán coñecemento na materia. Amais, lembrou que o Concello destina máis de 1,4 millóns de euros a CEDRO, centro de atención á drogodependencia, cando "é unha competencia da Xunta". <br />

mércores, 13 feb 2019
1550074025drogas.JPG
Abel Caballero informou da celebración este mércores e xoves de dúas xornadas técnicas de formación e dinamización para a prevención de condutas adictivas no Auditorio Municipal. Un encontro que organiza o Plan Local de Drogas, a iniciativa municipal para actividades de prevención de consumo de drogas e de inserción.

Segundo expuxo, expertos e técnicos estudarán e debaterán sobre as adiccións de todo tipo, incluídas as novas que están empezando, relacionadas coas novas tecnoloxías, como pode ser o consumo de videoxogos.

Sobre a atención municipal ás adiccións, o alcalde apuntou que CEDRO, a unidade asistencial de drogodependencias do Concello, cun orzamento de 1.449.000 euros, é un centro de tratamento médico que "é competencia e obriga ao cento por cento da Xunta de Galicia". Así, detallou que o Goberno autonómico "só achega 529.000 euros; o resto pono Vigo, case o dobre de financiamento que a Xunta para algo que ten dimensión de sanidade 100%", instando ao organismo autonómico a que "asuma a súa obriga en CEDRO".
Descargar todas as imaxes