Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 22 de abril de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As conductas adictivas e a exclusión social centran as xornadas do Plan Local de Drogas

Os días 8 e 9 de maio celebraranse as IV Xornadas do Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións que organiza a concellería de Benestar Social e terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. A conferecia marco tratará sobre "Conductas adictivas e exclusión social" e será pronunciada por Enrique Martínez Reguera, filósofo e pedagogo, fundador da "Escuela sobre Marginación" en Madrid.

O obxectivo xeral das xornadas é promove-lo encontro, debate, reflexión entre profesionais e mediadores sociais arredor das cuestións de máis actualidade no ámbito das drogodependencias e adiccións; así como contribuír á formación dos diferentes axentes implicados no proxecto conxunto do Plan Local. Os destinatarios das xornadas son profesionais, técnicos e mediadores sociais do ámbito da saúde, os servicios sociais, a educación e representantes da comunidade con interese na promoción da saúde, particularmente nas adiccións.

A exclusión e aspectos clínicos, as experiencias en integración social centrarán as mesas redondas das xornadas. Tamén se tratará asuntos como os retos da sida, a loucura e exlusión social, centros de acollida para drogodependentes, prisión e exlusión. No transcursos das xornadas presentarase a páxina web do Plan Local de Drogas.

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, salientou que estas xornadas celebranse coa colaboración de tódalas asociacións e entidades que se foron sumando desde a celebración das primeiras xornadas no ano 98. "Durante todo este tempo", manifestou a concelleira, "traballamos conxuntamente para elabora-lo Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións 2002-2004 e as xornadas forman parte do noso Plan Local, dentro das actividades formativas, de sensibilizaciíon e de difusión".
Mais noticias
Castrillo afirma que co novo conservatorio se inviste nun futuro de progreso para Vigo
O Concello favorecerá a consolidación do Centro Xove de Alecrín
A Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" disporá dun novo local social
A exposición sobre a obra de Camilo Nogueira poderase visitar ata o 3 de maio no Museo de Castrelos
Os clubes percibirán 100.000 euros da Fundación Vigo en Deporte


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003