Escoitar

Os Coidadores de barrio realizaron máis de 31.000 servizos no ano 2018

O programa municipal Coidadores de barrio permitiu prestar máis de 31.000 servizos durante o ano 2018. Tal e como explicou o alcalde, hai 350 usuarios asiduos aínda que se atenden a miles de persoas, das que a maior parte superan os 60 anos.

xoves, 17 xan 2019
Os corenta e sete coidadores de barrio que operan na cidade prestaron en 2018 máis de 31.000 servizos, dos que 14.576 foron acompañamentos e o resto, asuntos relacionados con información ou limpeza, entre outros. Cun orzamento anual de 540.000 euros, actúan en Casco Vello/Torrecedeira; Teis; Bouzas/Coia; Travesas e O Calvario en horario de mañá e de tarde. A maior parte dos usuarios é maior de 60 anos, sendo o perfil promedio o dunha muller de entre 70 e 100 anos, que vive sola. Aínda que se atenden a ducias de persoas a diario, hai uns 350 usuarios asiduos.

O rexedor resaltou a importancia dun programa que non só facilita a vida dos e das veciñas, senón que funciona como sistema de inserción laboral para os coidadores.