Escoitar

Caballero anunciou que o Torneo Concello de Vigo, "unha exhibición de fútbol base", mantén o seu carácter internacional

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o carácter internacional, por segundo ano consecutivo, do Torneo Concello de Vigo de Nadal, que do 26 ao 29 deste mes pechará o 2018 a nivel futbolístico.

mércores, 19 dec 2018
1545238682futbol.JPG
O rexedor, acompañado por un nutrido grupo de representantes de varios clubs da cidade, de Juan Andonegui (Frutas Nieves), Daniel Costas, presidente de Afavi e coordinador do evento, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou un torneo que contará con 123 equipos de trinta e un clubs e que está programado para catro categorías: tres de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e unha de fútbol 11 (infantil).

"É un torneo internacional e, en consecuencia, unha exhibición de fútbol e do deporte. O fútbol é o deporte número 1, é paixón e emoción", indicou o xefe do gobernó municipal.
O torneo contará con presenza maioritaria de clubs de Vigo (24), pero tamén os haberá de Mos, Nigrán, Portugal (Desportivo Monçao e Oporto), Lugo, Ourense e A Coruña (o Deportivo), mantendo o formato do pasado ano: o campionato alevín dará un ganador o venres, que o sábado se unirá no Municipal Pahiño de Navia ao Celta, Oporto, Deportivo, Lugo e Pabellón de Ourense para disputar un torneo autonómico, o Súper 6, de fútbol 8.

O Concello patrocina e impulsa esta iniciativa que entra na súa sexta edición e que "cada vez ten maior aceptación", explicou Costas, que lembrou "a pais, nais, avós e avoas" que a entrada é gratuíta e que o torneo autonómico do sábado "é para os amantes do fútbol base".
Caballero manifestou que "o fútbol é o primeiro deporte do programa municipal de escolas deportivas", cun milleiro de participantes, e que o Concello "cobre as necesidades dos practicantes" coas escolas, a Vigo Cup, o torneo Concello de Vigo en Samil os sábados e o Torneo de Nadal, "sumando 6.500 participantes cada ano" entre as catro actividades.

O evento cambia este ano de formato. A fase previa de grupos xogarase nun só día, o mércores 26 polo serán en oito campos da cidade, quedando xoves e venres para as eliminatorias polo título e o sábado para as finais prebenxamín, benxamín e infantil, ademais do Súper 6.

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunció el carácter internacional, por segundo año consecutivo, del Torneo Concello de Vigo de Nadal, que del 26 al 29 de este mes cerrará el 2018 a nivel futbolístico.

El regidor, acompañado por un nutrido grupo de representantes de varios clubes de la ciudad, de Juan Andonegui (Frutas Nieves), Daniel Costas, presidente de Afavi y coordinador del evento, y del concejal de Deportes, Manel Fernández, presentó un torneo que contará con 123 equipos de treinta y un clubes y que está programado para cuatro categorías: tres de fútbol 8 (prebenjamín, benjamín y alevín) y una de fútbol 11 (infantil).

Es un torneo internacional y, en consecuencia, una exhibición de fútbol y del deporte. El fútbol es el deporte número 1, es pasión y emoción", indicó el regidor.

El torneo contará con presencia mayoritaria de clubes de Vigo (24), pero también los habrá de Mos, Nigrán, Portugal (Desportivo Monçao y Oporto), Lugo, Ourense y A Coruña (el Deportivo), manteniendo el formato del pasado año: el campeonato alevín dará un ganador el viernes, que el sábado se unirá en el Pahiño de Navia al Celta, Oporto, Deportivo, Lugo y Pabellón para disputar un torneo autonómico, el Súper 6, de fútbol 8.

El Concello patrocina e impulsa esta iniciativa que entra en su sexta edición y que cada vez tiene mayor aceptación, explicó Costas, que recordó a padres y abuelos que la entrada es gratuita y que el torneo autonómico del sábado es para los amantes del fútbol base.

Caballero recordó que el fútbol es el primer deporte del programa municipal de escuelas deportivas con un millar de participantes y que el Concello cubre las necesidades de sus practicantes con las escuelas, la Vigo Cup, el torneo Concello de Vigo en Samil los sábados y el Torneo de Nadal, sumando 6.500 participantes cada año entre las cuatro actividades.

El evento cambia este año de formato. La fase previa de grupos se jugará en un solo día, el miércoles 26 por la tarde en ocho campos de la ciudad, quedando jueves y viernes para las eliminatorias por el título y el sábado para las finales prebenjamín, benjamín e infantil y el Súper 6.
Descargar todas as imaxes