Escoitar

Vigo reforzará o voluntariado, "unha parte moi importante do músculo civil" da cidade

A Oficina Municipal de Voluntariado conta con 2.850 inscritos, unha cifra que o Concello quere reforzar para que teñan unha presenza constante na cidade. Esta tarde de xoves, o rexedor manterá un encontro con voluntarios no Centro Municipal do Casco Vello.

xoves, 25 out 2018
O alcalde avanzou esta mañá a vontade do Concello de reforzar o voluntariado en Vigo para que teña unha presenza constante dado que "é unha parte moi importante do músculo civil". Na actualidade, a Oficina Municipal de Voluntariado conta con 2.850 persoas voluntarias inscritas que poderán acceder á formación que o Concello porá en marcha para mellorar a súa acción nas diferentes iniciativas nas que participen os voluntarios.