Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Empresarias Galicia celebrará o próximo 23 de outubro o seu III Congreso con máis de 200 asistentes de toda España

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este xoves o seu apoio a esta asociación pola súa capacidade de "visibilizar o papel da muller no ámbito empresarial"




A asociación Empresarias Galicia celebra o próximo día 23 de outubro o seu III congreso co obxectivo de "visibilizar e poñer en valor o papel da muller no ámbito empresarial e o desenvolvemento da economía". Así o destacou esta mañá Caballero na presentación do evento, que cualificou de "moi importante" pola súa "consistencia e capacidade de xerar novas ideas para conseguir que cada vez a presenza da muller sexa maior".

A presidenta da asociación, Susana Pérez Iglesias, explicou que a asociación a crearon fai tres anos e medio cinco mulleres viguesas "co obxectivo de dar visibilidade á muller empresaria, alcanzar a igualdade de oportunidades e romper o teito de cristal". "As mulleres merecemos as mesmas oportunidades para alcanzar os postos directivos e debemos emprender e liderar desde a igualdade", engadiu.

O lema desta terceira edición do encontro é "Acción e implicación" e conta con relatoras de gran relevancia como Patricia García, presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia; Natalia Sanchidrián, autora do libro "Voando alto"; María Hermo, cofundadora de Galejobs e Candea Aldao, técnica en sustentabilidade de Mahou.

O congreso, que contará con máis de 200 asistentes de toda España e celébrase na sede de Afundación, culminará coa entrega do III Premio Empresarias Galicia a Anna Scheidgen, CEO de Alfico, e o Premio
Empresarias Galicia á mellor traxectoria profesional á xornalista Julia Otero.
Mais noticias
O Goberno de Vigo ten en marcha un plan de humanizacións no rural por máis de 5 millóns de euros
O alcalde reclama á Xunta que dote ao Consorcio de 5 millóns para investir no Casco Vello
O Concello impulsa o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
Caballero celebra o récord de participación da Supercopa cadete de judo, este sábado no Polideportivo de Navia
Últimos días para a inscrición nos obradoiros na Casa das Mulleres
Convocatoria de cursos monográficos na Escola Municipal de Artes e Oficios


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003