Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de outubro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde reclama á Xunta que dote ao Consorcio de 5 millóns para investir no Casco Vello

O Consorcio do Casco Vello de Vigo "practicamente non ten actividade", denunciou Abel Caballero, quen esixiu á Xunta de Galicia que inclúa no proxecto orzamentario do próximo ano unha partida de 5 millóns para "multiplicar por dez" o investimento na zona vella. O Concello achegará "a parte que nos corresponda" co mesmo fin.

O ente, conformado ao 90% pola Xunta de Galicia e ao 10% polo Concello, estase a esgotar o capital inicial dotado polo anterior goberno autonómico presidido por Emilio Pérez Touriño, segundo revelou este xoves Abel Caballero, o que implica "que practicamente non ten actividade".

O capital fundacional -de 20 millóns de euros, recordou o alcalde- e o propio funcionamento do Consorcio permitiu a súa operatividade ata o de agora, que vai "ralentizado", en verbas de Caballero.

Así, e para "multiplicar por dez" o investimento do Consorcio na recuperación da zona vella da cidade, o alcalde de Vigo esixe á Xunta de Galicia que inclúa unha partida de 5 millóns de euros ao efecto no proxecto de orzamentos para o próximo ano, unha cantidade que sería ampliada polo Concello de Vigo coa "parte que nos corresponda".
Mais noticias
O Goberno de Vigo ten en marcha un plan de humanizacións no rural por máis de 5 millóns de euros
O Concello impulsa o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
Empresarias Galicia celebrará o próximo 23 de outubro o seu III Congreso con máis de 200 asistentes de toda España
Caballero celebra o récord de participación da Supercopa cadete de judo, este sábado no Polideportivo de Navia
Últimos días para a inscrición nos obradoiros na Casa das Mulleres
Convocatoria de cursos monográficos na Escola Municipal de Artes e Oficios


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003