Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 05 de setembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello moderniza a ordenanza e os taxistas terán que vixiar a entrada das mulleres nos portais

Os votos do goberno de Vigo deron luz verde este mércores no Pleno á modificación definitiva da ordenanza do taxi. A nova norma obriga a permitir o pago con tarxeta, adopta medidas contra o intrusismo no sector e incorpora melloras como a obrigatoriedade ao taxista de agardar ata que as mulleres que o soliciten entren nos portais.

A concelleira de Mobilidade, Ángeles Marra, defendeu a modificación para adaptar a ordenanza ás novas circunstancias do sector e mellorar a mobilidade urbana. Marra detallou algunhas das novidades introducidas, entre as que destaca que pasa a ser obrigado para o taxista agardar e vixiar a entrada das mulleres nos portais aos que se dirixen, logo de baixar do vehículo.

Esta é unha nova actuación que adopta o goberno de Vigo para previr a violencia contra as mulleres no transporte público, para "previr e apoiar a seguridade" destas, anotou a concelleira. O Concello xa incorporara en febreiro as paradas do autobús urbano nas rutas nocturnas a demanda das mulleres, con independencia da localización da marquesiña e sempre que o paro solicitado estea dentro do percorrido da liña. Este servizo do autobús é requerido por unhas 70 mulleres ao mes, segundo datos ofrecidos este mércores por Ángeles Marra.

A modificación da ordenanza recolle outras novidades, como a obrigatoriedade de contar cun TPV en todos os taxis para o pago con tarxeta, que nun futuro permita ademais empregar a tarxeta cidadá PassVigo como medio de abono da carreira. Tamén adopta medidas para os cans guía e de acompañamento e contra o intrusismo no sector, como é a obrigación de contar coa bandeira de Vigo nos capós dos coches. A norma igualmente regula unha mellora do aspecto xeral do taxista e do propio vehículo e das condicións para a inserción da publicidade no exterior do taxi.

Debate
Coa súa abstención, Marea e PP non apoiaron a modificación da normativa. Ambas formacións incidiron en que existe un exceso de algo máis de 200 licenzas do taxi en Vigo, cuestión que é o "principal problema" do sector e que, afirmaron, non aborda a modificación da ordenanza. Pola contra, a concelleira de Mobilidade aclarou que a eventual redución de permisos si está contemplada e regulada co novo texto.
Mais noticias
O goberno pide respecto pola investigación xudicial do Marisquiño e amosa o seu apoio aos afectados
O Concello ratifica a conxelación dos impostos e taxas no 2019
Caballero garante "apoio incondicional" aos traballadores no seu conflito contra Dornier
Vigo esixe á Xunta que abra o Punto de Encontro Familiar durante os 365 días do ano
O Pleno pide responsabilidades políticas á conselleira de Medio Ambiente pola súa posición "sectaria" ignorando ao Porto de Vigo
A Corporación Municipal reclama á Xunta que deixe de "boicotear" as obras do goberno local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003