Escoitar

O alcalde saúda aos participantes no DisCamiño que peregrinarán desde Roma este verán

O alcalde recibiu esta mañá aos integrantes de DisCamiño 2018 que este ano peregrinarán desde Roma ata Santiago, percorrendo 2.700 quilómetros. Serán once persoas con diversidade funcional as que participen nun programa que funciona xa desde o ano 2009.

venres, 13 xul 2018
1531486466discamimo.JPG
O domingo 15 de xullo sairán cara Roma as once persoas con diversidade funcional que este ano peregrinarán desde Roma ata Santiago, acompañados por un grupo de voluntarios liderados por Javier Pitillas, policía local de Vigo e impulsor desta iniciativa na que coopera o Concello de Vigo. Trátase dun proxecto que fai realidade o soño de persoas con diferentes discapacidades de peregrinar. Arrancou no 2009 con Gerardo, un mozo xordo-cego que fixo o seu primeiro camiño de Santiago desde sobre un triciclo tándem. Este ano, como en 2014, virán pedaleando desde Roma ata Santiago, nesta ocasión, participará Iván Bragado, un mozo deportista de Benavente, quen fará todo o percorrido, é dicir, 2.700 km divididos en cinco tramos.
Descargar todas as imaxes