Escoitar

O alcalde eloxia a "capacidade e a excelencia" do empresariado vigués na entrega de premios Ejecutivos Galicia

Abel Caballero participou este mércores na entrega dos VIII Premios Ejecutivos Galicia que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia e que nesta ocasión entregou o galardón de executivo do ano a Ignacio González Hernández, CEO de Nueva Pescanova . O alcalde destacou a "capacidade, excelencia e dedicación" do empresariado que "xera riqueza na cidade e en todo o territorio". Tamén indicou que "Vigo é a cidade da economía e ser empresario en Vigo sempre foi un atributo extraordinario".

mércores, 11 xul 2018
1531313754Ejecutivos_01.JPG
1531313754Ejecutivos_01.JPG
1531313770Ejecutivos_02.JPG
Descargar todas as imaxes