Escoitar

Vigo é o concello de España que mellor paga aos seus provedores, cun prazo de entre 9 e 11 días

O alcalde resaltou hoxe a importancia de que Vigo sega a ser o concello de España que mellor paga aos seus provedores, segundo datos da Asociación de Autónomos de España que ratifica ano a ano o Ministerio de Facenda. A Deputación de Pontevedra ocupa o segundo lugar desta clasificación de entidades pagadoras.

mércores, 11 xul 2018
O Ministerio de Facenda revela Vigo é o concello que mellor paga aos seus provedores de toda España, cun prazo que oscila entre os 9 e os 11 días, segundo o novo sistema de contabilización, mentres que dacordo co anterior (cando os primeiros 30 días non se tiñan en conta), o Concello estaría en -20 e -19 días.

Tal e como determina o sistema de cálculo anterior -o que nos permite facer comparacións de exercicios enteiros- Vigo -15; Coruña +12,16; Ourense: +40.82; Lugo: 87,78; Pontevedra: -0,35; Madrid:+11,79; Valencia: +8,68; Sevilla: +65,55; Zaragoza: +7,55 e Murcia: +19,20.

Durante a rolda de prensa, Caballero avanzou que a Asociación de Traballadores Autónomos de España (ATA) fixo a súa propia clasificación, establecendo que o período medio de paga de entidades locais en 90 días, mentres que o de Vigo, o mellor, é de 14 días, e a Deputación de Pontevedra aparece como a segunda administración máis cumpridora, dun total de 10.000 entidades pagadoras, destacou.

Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno deu luz verde á prorroga da cesión temporal dunha vivenda municipal para unha muller vítima de violencia de xénero. O Concello dispón de tres pisos para mulleres.