Escoitar

O alcalde eloxia a ferramenta de vídeo interpretación de lingua de signos implantada por Carrefour

Abel Caballero achegouse esta mañá ao Carrefour de Gran Vía para participar na presentación da ferramenta SVisual, un servizo de vídeo-interpretación para usuarios de lingua de signos implantada en todos os centros de Pontevedra. Durante a súa intervención, eloxiou a iniciativa e o compromiso desta firma con responsabilidade social empresarial.

luns, 9 xul 2018
1531140957Carrefour_01.JPG
Esta iniciativa, implantada en piloto desde hai varios anos en algúns dos seus centros, consolídase agora en todos os hipermercados Carrefour da provincia de Pontevedra co obxectivo de garantir unha prestación de servizos en igualdade de condicións a todos os seus clientes. Un total de 82 centros Carrefour, 13 deles de Galicia, xa contan con este sistema de vídeo-interpretación, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas xordas usuarias de LSE e poñer en valor a lingua de signos como vehículo de inclusión social.

O acto de presentación contou coa presenza, entre outros, do secretario xeral para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Diego Fernández; e do director da Fundación Solidaridad Carrefour para Galicia, Tomás Corona. Tamén estiveron presentes o director de Carrefour, Pablo León; e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Antonio Castro.
1531140957Carrefour_01.JPG
1531140971Carrefour_02.JPG
Descargar todas as imaxes