Escoitar

Caballero felicita ao Club de Remo Vigo polo seu bronce júnior no Campionato de España

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe no seu despacho de Alcaldía á tripulación de catro sen timonel do Club Remo Vigo que disputou o Campionato de España de remo en Banyoles hai uns días, conquistando unha medalla de bronce en categoría júnior.

xoves, 28 xuñ 2018
1530200219remeros.JPG
Juan Comesaña, Guillermo Padilla, Aitor Casas e André Lorenzo, os remeiros do podio, luciron o seu flamante metal e foron felicitados polo rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O Concello tamén entregou ao novo club unhas equipacións. A entidade, de moi nova creación (presentouse en maio), conta a día de hoxe con 43 remeiros e traballa na preparación dunha interesante proba en Bouzas para setembro.
Descargar todas as imaxes