Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Xunta de Goberno adxudica as 750 prazas para os alumnos do programa "Vigo en Inglés"

O Concello de Vigo aprobou este mércores a adxudicación das prazas para os alumnos do programa de inmersión lingüística "Vigo en inglés". Segundo avanzou o alcalde, quedan 15 solicitudes en lista de espera que poderá entrar no caso de que se produzan renuncias.

O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno a adxudicación das prazas para os alumnos que participarán este ano no programa "Vigo en Inglés", que ofrece estadías de case un mes en Inglaterra para estudantes de 3º de ESO da cidade.

"É un programa excepcional, tivemos 766 solicitudes e quedan unicamente 15 chicos en lista de espera, que co nivel habitual de renuncias creemos que imos a ser capaces de darlle becas a todos os que a solicitaron", explicou o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Cun orzamento total próximo aos 2 millóns de euros, Caballero asegurou que o Concello ofrece máis bolsas de inglés que as comunidades autónomas de Madrid e Cataluña xuntas. "Continuaremos con este programa no que os alumnos estudan un mes en Inglaterra en inmersión, incorpóranse ao instituto e van a unha academia de inglés", sinalou antes de explicar que "queremos crear unha sociedade trilingüe, aquí todos falamos español e galego, pero tamén queremos que falen inglés".

Política social
O alcalde tamén informou da aprobación en Xunta de Goberno do convenio coas entidades sociais Alborada, Amaina e Érguete para o desenvolvemento do Programa de Prevención das Drogodependencias e outras condutas aditivas 2018-2021 por un importe de 278.900 euros.

Ademais, tamén sinalou que recibiu o visto e prace a clasificación de ofertas para a contratación de los servizos de formación do programa "Vigo polo emprego da mocidade II" cun importe de 56.409 euros e a adxudicación da contratación das obras de humanización da rúa Pintor José Frau Ruiz cun orzamento 596.545 euros.
Mais noticias
O Concello inicia en Castelao as obras do gran carril bici entre Teis e Samil
Air Nostrum propón ao Concello rotular dous avións con imaxes turísticas de Vigo
O Concello recorrerá o auto do TSXG que insta a demolición do Piricoto, un problema urbanístico do ano 1994
O alcalde inaugura a cuarta edición da Ruta de Pinchos das Travesas
O goberno local eleva a 155.000 euros o orzamento para cooperación internacional, duplicando a cifra de 2017
O campionato de España de Ximnasia Acrobática reunirá en Vigo a máis de 500 deportistas
Abel Caballero expón o protocolo das Entidades Locais para o acollemento dos migrantes do Aquarius


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003