Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 14 de xuño de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inicia en Castelao as obras do gran carril bici entre Teis e Samil

O alcalde desprazouse este xoves ata a Avenida de Castelao, punto de inicio dos traballos do carril bici que unirá a rúa Bos Aires con Samil, con preto de seis millóns de orzamento. Caballero estimou que na próxima "primavera verán" estará en funcionamento.




O goberno vigués iniciou este xoves os traballos do que será o gran carril bici da cidade, que "atravesa literalmente a cidade", en verbas de Caballero, e que leva aparellada a humanización daquelas rúas que non estean xa remodeladas.

Por exemplo na Avenida de Castelao, o novo carril bici estará emprazado en parte da actual beirarrúa e o espazo de agora para as bicicletas será zona peonil. Partindo en Samil, pasará pola Avenida de Europa, Avenida de Castelao, Praza de América, López Mora, Camelias, Praza do Bicentenario, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e Bos Aires.

O Concello reserva un orzamento próximo aos seis millóns de euros para esta obra, explicou Caballero, quen apuntou que o carril bici construirase en cinco fases que se executarán de forma simultánea. Así, na "primavera verán" do próximo ano estará en funcionamento.

O novo carril bici é parte da cooperación institucional do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O ente provincial, presidido por Carmela Silva, achega o 60% do custo, polo 40% da administración local, segundo subliñou o alcalde de Vigo.
Mais noticias
A Xunta de Goberno adxudica as 750 prazas para os alumnos do programa "Vigo en Inglés"
Air Nostrum propón ao Concello rotular dous avións con imaxes turísticas de Vigo
O Concello recorrerá o auto do TSXG que insta a demolición do Piricoto, un problema urbanístico do ano 1994
O alcalde inaugura a cuarta edición da Ruta de Pinchos das Travesas
O goberno local eleva a 155.000 euros o orzamento para cooperación internacional, duplicando a cifra de 2017
O campionato de España de Ximnasia Acrobática reunirá en Vigo a máis de 500 deportistas
Abel Caballero expón o protocolo das Entidades Locais para o acollemento dos migrantes do Aquarius


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003