Escoitar

O Concello adquire unha parcela en Ramón Nieto para sacala a poxa pública e construír vivendas

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá se iniciará o proceso para que o goberno local poida adquirir a última porcentaxe pendente para que unha parcela en Ramón Nieto pase integramente a mans municipais. O obxectivo será sacala a poxa pública para que se poidan construír unhas 27 vivendas.

martes, 12 xuñ 2018
O Concello iniciou o procedemento de adquisición do 7,1% dunha parcela en Ramón Nieto para facerse co 100% da propiedade e poder sacala a poxa pública. Deste xeito, segundo explicou o rexedor, mobilízase solo na zona de Cambeses para construír unhas 27 vivendas, aproximadamente xa que a superficie edificable ascende a 2.738 m2.

Outro dos asuntos que se abordarán na Xerencia de Urbanismo será o inicio do expediente para a convocatoria de subvencións para a rehabilitación integral nos cascos históricos. Cun importe de 1,3 millóns, financiaranse 63 actuacións no Casco Vello, 31 en Bouzas, 15 no grupo de Casas Santa Clara e 50, nas rúas Bueu e Moaña. Segundo explicou o rexedor, unha vez que se publique a convocatoria, determinarase o prazo para a presentación de solicitudes, tendo en conta sempre que as obras teñen que estar rematadas antes de decembro de 2019. O volume máximo de subvención é do 45% do volume das obras que realice cada particular.